Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei organiza actividades de Nadal para os máis pequenos

Por 5 Decembro, 2021Sin comentarios

Palas de Rei organiza unhas actividades para os nenos preferentemente empadroados no concello e que teñan ambos proxenitores traballadores.

Este tipo de actividades fomentan a conciliación familiar e laboral favorecendo a calidade de vida dos veciños.

As actividades do programo “Xogando en Vacacións Nadal 2021-2022” terán lugar os días 27,28,29,30 e 31 de decembro e os días 3,4 e 5 de xaneiro.

Realizaranse no CEIP Palas de Rei de 9.00 a 14.00 horas.

As inscricións faranse nas Oficinas do Concello de Palas de Rei co pagamento das taxas que serán de 10,48 euros para os nenos empadroados e 15,71 euros para os non empadroados. As prazas son limitadas.