Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas inicia unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas

Por 8 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei, inicia unha nova campaña de recollida dos plásticos agrícolas polas parroquías do municipio palense e nas diferentes explotacións gandeiras. Dende o Concello solicitan a todos os usuarios deste servizo que dispoñan os plásticos en fardos e sen outro tipo de residuo engadido, o máis limpos posibles

Aínda que os custes de reciclaxe deste residuo subiron un 200%, o Concello ofreceo de maneira gratuita para os gandeiros durante o ano 2022 e 2023. Este servizo é único e exclusivo para os veciños/as do municipio palense, polo que se prohíbe completamente, aportar plásticos agrícolas de explotacións doutros Concellos donde si están a cobrar por prestar este servizo.

Esta medida enmárcase dentro dos Programas de reciclaxe e valorización de residuos que o consistorio ten en marcha.