Skip to main content
Portomarín

Obradoiros, xincanas e xogos multideporte para os nenos de Portomarín no Nadal

Por 13 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Portomarín abre o prazo para a participación no campamento Xuntos no Nadal que oferta o goberno local para fomentar a conciliación laboral durante as vacacións.

Esta actividade está dirixida á rapazada como medida de apoio a conciliación da vida laboral e personal das familias de Portomarín, ademais de promover a participación e inclusión dos nenos de núcleos rurais máis afastados durante o Nadal.

O campamento está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos de idade que estean empadroados na vila. A participación será gratuíta.

As actividades levaranse a cabo de luns a venres no período que comprende dende o día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Na programación recóllense obradoiros de Nadal que fomentan a creatividade, a psicomotricidade fina e o uso responsable dos materiais. Xincanas nas que os nenos terán que competir para lograr as diferentes probas e Multixogo e deporte para a realización de exercicio que favorece a promoción de hábitos saudables. Ademais reforzará os lazos existentes entre os nenos e nenas do concello, fomentando as relacións personais entre os máis novos.

As inscricións presentaranse a través da sede electrónica municipal, na oficina de rexistro municipal ou a través do email serviciosociais@concellodeportomarin.es