Skip to main content
Portomarín

Os nenos de Portomarín estrearon o servizo de madrugadores

Por 14 Decembro, 2021Sin comentarios

No día de onte deu comezo o servizo de madrugadores de Portomarín. Os nenos e nenas xa poden chegar antes ao CEIP Virxe da Luz facilitando así a conciliación laboral e familiar dos veciños.

Este tipo de servizos apoian que os rapaces da vila permanezan nas escolas do rural promovendo a vida nos pobos e aldeas. Evitando que os veciños de Portomarín marchen cara un ámbito máis urbano ao facilitarlles as condicións laborais. Este tipo de iniciativas impiden o despoboamento das zonas do interior da provincia.

A matrícula estará aberta durante todo o curso escolar, tendo en consideración as condicións laborais das familias e a situación Covid co obxecto de facilitar o servizo dunha forma flexible e atendendo ás necesidades das familias.