Skip to main content
Portomarín

A empresa adxudicataria da construción da residencia de Portomarín renuncia ao contrato

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno aprobou resolver de mutuo acordo o contrato de obra para a construción da residencia de Portomarín a petición da adxudicataria, Coto Estudio y Construcciones S.L. O presidente da Deputación lembrou que a primeira empresa adxudicataria deste contrato (Copcisa,SA) decidiu renunciar, momento no que a Deputación reactivou o proceso administrativo e o pasado mes de setembro resultou adxudicataria a firma que presentou a segunda mellor oferta, Coto Estudio y Construcciones SL, a mesma que agora tamén decide renunciar ó contrato.

Neste caso, a adxudicataria alegou a necesidade dunha revisión dos prezos, algo que, segundo certifican os técnicos, non é posible segundo a Lei de Contratos do Sector Público.

Estas circunstancias, “que son totalmente alleas á Deputación, alteran os prazos, pero dende logo non alteran a nosa vontade de construír un centro público de atención a maiores en Portomarín”, subliñou José Tomé. “Como dixen dende a miña toma de posesión e como estamos demostrando en todo o que vai de mandato, respectaremos todos os compromisos adquiridos pola Deputación cos concellos en materia de residencias. Polo tanto, daremos os pasos necesarios para dotar a Portomarín dun centro público de atención a maiores”, recalcou o Presidente.