Skip to main content
Axenda Caducada

‘Cousas de mulleres’ chega ao concello de Pantón este domingo

Por 8 Decembro, 2021Decembro 12th, 2021Sin comentarios

O grupo de Vilaronte (Foz), Axóuxeres, representará a obra Cousas de mulleres na Casa da Cultura de Pantón ás 18:00 horas. A entrada será libre e gratuíta. Esta obra está recomendada para maiores de 14 anos.

Sinopse
Cousas de mulleres é unha función de unha hora e media de duración. Esta obra conta a historia de tres persoas cos seus problemas loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, ás que o destino une por unha casualidade e que sen pretendelo acaban converténdose en grandes amigas. Esta obra ten como fin elevar os ánimos con humor xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución.

Teatro Afeccionado
O programa Teatro Afeccionado que leva máis de cincuenta actuacións polos concellos a través de dezanove compañías de teatro que ofrecen as súas representacións no marco deste programa.
Esta iniciativa conta coa colaboración de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Curuxan (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).