Skip to main content
Bóveda

Os veciños de Bóveda poderán desfrutar de actividades infantís, cine e obradoiros no Nadal

Por 17 Decembro, 2021Decembro 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda dá a coñecer a programación para as datas de Nadal, na que se terán en conta todas as medidas sanitarias en vigor.

Do 22 ao 4 de xaneiro haberá actividade infantís, cine e obradoiros para nenos e nenas a partir dos seis anos desde as 09:00 ás 14:00 horas. Entre as actividades ofertase o campamento ‘Nadal en Igualdade’ con dez prazas que se cubrirán por orde de inscrición chamando ao teléfono 982 42 61 77.

Todos os públicos
A maiores, os días 23, 27, 29 e 4 de xaneiro ás 11:00 horas desenvolveranse as actividades do ‘Nadal en igualdade’, programación aberta a todos os públicos.

Programación
O 23 de decembro levarase a cabo ‘Mulleres pintoras’ unha actividade orientada a visibilizar as obras de pintoras como Georgia O’Keeffe, Maruxa Mallo, Menchu Lamas ou Remedios Varo identificando os seus estilos pictóricos, coñecendo as súas obras e realizando un exercicio práctico de pintura cooperativa.

O día 27 de decembro terá lugar ‘Daniela Pirata’, un conto que se fai eco da necesidade de cambio na sociedade. O conto preséntase como unha posta en escena das probas que ten que ir superando para ser mariñeira.

O 29 de decembro a actividade será ‘A Historia en feminino’ onde a través de contos, curiosidades e xogos se visibilizará ás mulleres e achegar referentes para apoderalas e que teñan unha visión máis real da Historia.

O día 4 de xaneiro será o espectáculo cociñado con maxia, contos e moitas sorpresas ‘Iguais e diferentes’.

Ademais, os días 22, 28, 30 de decembro e 3 de xaneiro tamén ás 11:00 horas haberá proxeccións de películas para educar en valores.

Concerto e visita dos Reis
O día 26 de decembro ás 18:00 horas haberá un concerto a cargo de ‘Tátara Trío’. E o mércores día 5 ás 18:00 horas os Reis Magos de Oriente visitarán o Concello de Bóveda. Para poder participar na recepción será preciso inscribirse previamente.
Todas as actividades se van desenvolver no Centro Sociocultural, agás a visita dos Magos de Oriente, que terá lugar na Casa Consistorial.