Skip to main content
Chantada

A Xunta asesora ás pemes de Chantada para que aproveiten a innovación

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios
 A Xunta de Galicia convocou no día de onte ao empresariado da comarca de Chantada a participar na iniciativa Camiño da Innovación, que mantivo a oficina móbil instalada na praza de Galicia ata as seis da tarde para ofrecer asesoramento personalizado ás pemes.
O delegado territorial de Lugo, participou nun encontro con empresarios no que se dan a coñecer casos de éxito de empresas que demostran que a innovación se pode aplicar en calquera sector e tipoloxía de empresa ( microempresa, pequena e mediana).
Este espazo itinerante xa realizou outras tres paradas na provincia de Lugo e para o vindeiro 9 de decembro está previsto que se achegue ata Meira. En cada etapa ofrece asesoramento personalizado a pemes por parte de técnicos da Axencia Galega de Innovación (Gain) para analizar as oportunidades de innovar e como facelo a través de ferramentas que funcionan noutras firmas similares.
O obxectivo é axudar a cada negocio a elaborar unha folla de ruta para poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles. “De xeito especial esta inicaitiva da Xunta busca dinamizar o tecido empresarial dos municipios rurais”, dixo Arias, quen afirmou que “desde calquera concello unha peme pode apostar por iniciativas innovadoras para medrar e ser máis competitiva”.