Skip to main content
Chantada

Mañá remata o prazo para a praza de Monitor Deportivo no Concello de Chantada

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

Mañá remata o prazo de presentación de solicitudes para a selección de persoal laboral temporal no Concello de Chantada dun monitor deportivo que levará a cabo a prestación de servizos nas Escolas Deportivas e nas Piscinas Municipais.

As funcións a desempeñar serán as correspondentes e propias de monitor deportivo a prestar tanto nas escolas deportivas como nas piscinas climatizadas interiores e exteriores do Concello, ou ben, cando corresponda, en actividades relacionadas programadas con motivo de participación en competicións ou eventos organizados no propio termo municipal ou localidade onde os actos se celebren. Conlevando a impartición de tódalas materias que se desenvolven nas escolas deportivas e labores propias de socorrista con impartición de cursos nas piscinas. Corresponderá así mesmo, ademais de levar a cabo as tarefas propias do posto, aquelas outras que lle poida encomendar a Alcaldía ou as concellerías delegadas, que garden relación co posto a desempeñar.

Será imprescindible posuír a titulación de socorrista e o Celga 3. A titulación requirida é a E.S.O. ou similar. O sistema de selección será o de concurso-oposición e constará de dúas fases. A fase de oposición que será de carácter eliminatorio e a fase de concurso la que se valoran as condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia.

As solicitudes para cubrir esta praza deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Chantada ou nos lugares previstos a tal fin. Ditas solicitudes presentaranse nun prazo de 5 días naturais dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, ata o venres 17 de decembro de 2021.

As bases desta convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 11 de decembro de 2021: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/11-12-2021.pdf?fbclid=IwAR3cVi58pVfWpGvKoou8REs_0MHHLucCFHe4h8E1FHY-Awyu2M-fRu85W4E#page=2