Skip to main content
Chantada

Máis de 5.000 euros en descontos e 4 cestas de Nadal na campaña ‘Merca en Chantada’

Por 20 Decembro, 2021Decembro 21st, 2021Sin comentarios

A Asociación de Empresarios de Chantada e a CCA Ribeira Sacra de Chantada organizan, un ano máis, unha campaña para fomentar as compras nos negocios da zona “Merca en Chantada”.

Aqueles consumidores que aposten polo pequeno comercio de Chantada dende o 4 de decembro ata o 6 de xaneiro terán premios e bonificacións. Esta actuación conta con máis de 5000 euros en bonos desconto dos diferentes negocios que participan e, ademais, tamén se sortearán un total de 4 cestas.

O obxectivo é promover a confianza nos negocios de proximidade a través do sorteo de bonos de descontos nos diferentes comercios que van dende 20 euros ata 200. Os consumidores, recibirán unha rifa co seu ticket de compra e ao rematar o período da campaña realizarase un sorteo en cada un dos locais asociados. Entre as rifas que estean sen premiar farase o sorteo das catro cestas de Nadal.

Este tipo de iniciativas apoian á economía da zona e as pequenas empresas que se viron afectadas enormemente pola pandemia da Covid. Ademais, son unha axuda para os veciños ao poder recibir bonificacións para os negocios do seu Concello.

Máis de 70 negocios e comercios de Chantada participan nesta iniciativa que beneficia tanto aos emprendedores coma aos cidadáns.