Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaRibas de Sil

A Unidade de Atención Temperá da zona sur de Lugo conta cun orzamento de 102.600 euros

Por 23 Decembro, 2021Sin comentarios

A Unidade de Atención Temperá de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil conta cun orzamento de 102.600 euros este ano co fin de financiar as súas actividades.

O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal participou na inauguración das instalacións no centro social da Ribeira, en Quiroga, en compañía do alcalde do municipio, Julio Álvarez, e doutros rexedores da zona. Apuntou que o Goberno galego aprobou en 2021 esa achega máxima para sufragar o servizo, que conta con profesionais de Fisioterapia, Logopedia e Psicoloxía.

A Rede de Atención Temperá atende a nenos e nenas de ata seis anos que teñen algún trastorno no desenvolvemento ou presentan risco de padecelo, co fin de apoiar o crecemento das crianzas dunha maneira adaptada ás súas necesidades, mellorando así a súa calidade de vida e o seu benestar.