Skip to main content
Monforte

636.898 euros para a rehabilitación en edificios e vivendas do Concello de Monforte

Por 3 decembro, 2021Sin comentarios

O Alcalde, José Tomé Roca, asinou en Santiago a adhesión do Concello de Monforte ó programa de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico, ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, sinatura que levou a cabo coa Ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana del Gobierno de España, Raquel Sánchez.

Este programa suporá que se habiliten 636.898 euros en achegas á rehabilitación en edificios e vivendas, edificación, reurbanización de espazos públicos e demais aspectos específicos da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Conxunto Histórico e zonas de respecto de Monforte de Lemos.

En total, o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana destinará 405.522,23 €, a Consellería de Medio Ambiente 104.785,77 euros e o Concello de Monforte, 126.590 euros, o 19,87% do total.

“Dende o Concello”, salientou o Alcalde, “animamos a todos os nosos veciños e veciñas a que se animen a solicitar estas importantes axudas co obxecto de que acometan a rehabilitación das súas vivendas”.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas deste Programa de rexeneración e renovación urbana e rural, quen se atope incluído nalgún dos supostos establecidos nos apartados 1 e 2 do o artigo 50 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, é dicir:

Poderán ser beneficiarios das axudas quen asuman a responsabilidade da execución integral do Área delimitada pola actuación.

Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un. Os beneficiarios destinarán o importe íntegro da axuda ó pago das correspondentes actuacións.

As axudas para a mellora de vivendas localizadas nestas áreas de rehabilitación integral serán de ata 24.000 euros por vivenda, e as obras poderanse executar ata o ano 2025.