Skip to main content
Monforte

O concerto de Nadal da Coral Polifónica de Monforte que tiña lugar hoxe foi aprazado

Por 22 Decembro, 2021Sin comentarios

O concerto que tería lugar hoxe da Coral Polifónica do Concello é aprazado debido á detección dun positivo por Covid-19 entre os membros de dita Coral.

A nova data da actuación coñecerase nos vindeiros días.

Coral Polifónica do Concello de Monforte
Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas, o seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas… Ademais, ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Na comunidade, a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc…Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc.. Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada.

Este ano a coral cumpre o seu 25 aniversario.

A dirección da coral corre a cargo de D. Fernando Sanmartino Pérez. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de profesor e director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.