Skip to main content
Monforte

Xa se pode visitar o Belén de Monforte

Por 23 Decembro, 2021Decembro 24th, 2021Sin comentarios

O Belén de Monforte elaborado polo artista J. Antonio Dávila foi inaugurado na tarde de onte pola concelleira de Cultura, Marina Doutón e polo propio artista.

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o día 10 de xaneiro de 2022, e sempre atendendo ás medidas de seguridade e aforos determinadas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19.

Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, Herodes, comerciantes, soldados romanos…

Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, o portal do nacemento,…

A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.