Skip to main content
MonforteSarria

Aprazado o partido solidario de hoxe no Estadio Municipal da Ribela

Por 26 Decembro, 2021Decembro 27th, 2021Sin comentarios

Dentro da programación de Nadal do Concello de Sarria, hoxe domingo 26, tiñan programado un partido solidario entre os equipos xuvenís da SD Sarriana e o CF Calasancio, que finalmente foi aprazado pola aparición de positivos entre contactos estreitos dos xogadores

O enfrontamento tiña lugar ás 17.00 horas no Estadio Municipal de A Ribela e os espectadores debían levar un xoguete como método de pago da entrada. En canto a situación o permita, ambos os dous equipos recuperarán a celebración deste encontro solidario.

No encontro xogado a semana pasada entre o SD Sarriana e o Club Lemos, na Ribela, levouse a cabo a a presentación da campaña ‘Un neno un xoguete’ coa que dende o día 20 ata o 25 se recolleron xoguetes. O fin é o de repartilos entre os nenos da vila da man do Concello de Sarria.

O SD Sarriana ocupa a cuarta posición da súa clasificación, xoga na liga provincial xuvenil de Lugo primeira Galicia. Mentres que o Calasancio vai de sexto na súa clasificación da Liga Galega Xuvenil do grupo Sur 2B.

Ás 17.30 tamén terá lugar unha sesión de Contos de Nadal a cargo do sarriao César No na casa da cultura.