Skip to main content
Monforte

Seguen as melloras no corredor Ourense-Monforte-Lugo

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

Adif aprobou a licitación dun contrato de obras de execución do proxecto de cerramentos en zonas urbanas e pasos viciosos no tramo Ourense-Monforte de Lemos (liña Vigo-Monforte).

A actuación, que conta cun orzamento de licitación de 3.017.433,58 euros (IVE incluído), enmárcase no conxunto de melloras planificadas para o corredor Ourense-Monforte-Lugo.

No 46 km do traxecto dispoñeranse, nos puntos indicados, dous tipos de cerramento, en función da zona de actuación. O cerramento con malla electrosoldada de aceiro, montada sobre un murete de formigón armado e, a malla de cerramento de simple torsión (sen murete) con protección enterrada como reforzo ante a fauna existente.

Este contrato forma parte das actuacións previstas por Adif para incrementar a seguridade, tanto en estacións de viaxeiros como noutras contornas, para os cidadáns e para as circulacións ferroviarias. Con estes traballos preténdese mellorar os sistemas de protección da infraestrutura para disuadir e evitar tránsitos indebidos polas vías.

Esta actuación complementa a planificada para a execución de máis de 29.000 metros de novos cerramentos de protección no tramo adxacente Monforte de Lemos-Lugo.

Estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles).

Melloras no traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo
As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Os traballos previstos inclúen a modernización e adecuación das instalacións existentes, así como a electrificación a 25 kV en corrente alterna do corredor, adaptando a electrificación existente no tramo Ourense-Monforte de Lemos e dotando de catenaria e instalacións eléctricas ao tramo Monforte de Lemos-Lugo.

Fondos europeos
Esta actuación vai ser financiada pola Unión Europea- NextGenerationEU.