Skip to main content
Pantón

O Partido Socialista solicita ao alcalde de Pantón que se mobilice para recuperar a praza de médico

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

A Agrupación Socialista de Pantón esixiulle onte ao Alcalde que se poña en marcha a mobilización para recuperar a praza de médico que ven de reducirse no centro de saúde de Pantón. Así o dixeron tras comprobar que a día de hoxe, están atendendo na consulta só 2 médicos, dos 4 existentes. Hai que lembrar un sanitario xubilouse e outro trasladouse a Ourense.

“Polo tanto en só unhos meses pasamos de ter 4 médicos a ter só 2 médicos, diante da impasividade absoluta do PP e a promesa do Alcalde de Pantón de que a data de hoxe 1 das prazas estaría cuberta . Concellos como o noso, estamos vivindo e padecendo en primeira persoa o abandono e a indiferencia absoluta do Goberno de Feijóo. Por unha banda o PP promove diante dos medios que apostan polo rural, pero a realidade que sufrimos os que vivimos aquí é completamente distinta. E a atención sanitaria dos nosos centros de saúde son un claro exemplo”, advirten.

Por iso queremos convidar a toda veciñanza a que se mobilicen e reivindiquen os seus dereitos. “A través de plataformas ou das denuncias que consideren oportunas, pero o berro da veciñanza de Pantón contra este desleixo sanitario ten que ser unánime”, insisten. “Non podemos permitirnos o luxo de perder máis servizos na nosa vila, e non imos quedarnos de brazos cruzados”, sinalan.

“Dende a Agrupación Socialista de Pantón imos pelexar para reverter a situación de recortes que sofre á nosa vila, e farémolo traballando sempre ao carón da veciñanza. Por iso queremos avanzar que impulsaremos cantas medidas sexan necesarias para seguir contando cos médicos que precisamos, para atender unha poboación envellecida e con necesidades especificas do rural, e estaremos presentes na convocatoria do dia 9 de decembro”, remarcan.