Skip to main content
Pantón

O PSdeG segue a demandar cobertura médica no centro de saúde de Pantón

Por 9 Decembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Socialista de Pantón demanda cobertura médica, coa asistencia de tres facultativos, e que permanezan de luns a venres no centro de saúde. O PSdeG espera é que a vindeira reunión que se vai celebrar entre o Alcalde e o conselleiro de Sanidade sirva para anunciar unha solucción a este problema que afecta á toda a veciñanza.

“Dende o PsdeG vamos a seguir insistindo e pelexando para atopar unha solución a carencia de médicos no concello, por iso esperamos que nesta reunión se atope unha solución que dea resposta ás demandas da veciñanza. Por todo isto, tralo anuncio feito da desconvocatoria da concentración queremos avanzar que seguiremos apoiando as reivindicacións da veciñanza ata que no noso centro de saúde volvamos a ter a asistencia médica que precisamos, con tres sanitarios”.