Skip to main content
A Pobra do BrollónFolgoso do CourelO IncioSamos

Sortearase un xamón entre as persoas que publiquen un selfie co Belén da Mesa dos Catro Cabaleiros

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

Por segundo ano consecutivo a Pena dos Cabaleiros conta co seu propio Belén. Ademais, toda persoa que se achegue ata a Mesa dos Catro Cabaleiros e saque un selfie co portal entrará no sorteo dun xamón.

O último día para subir as fotos as redes sociais é o día 6 e, ao día seguinte, o 7 darase o sorteo. Haberá un premio especial para aquela persoa que acredite ser a persoa que se achegou dende o lugar máis afastado desta zona.

Esta iniciativa está a promover o turismo da zona poñendo en valor este lugar, as súas vistas e as lendas que percorren a zona.

A mesa dos catro cabaleiros
A mesa dos catro cabaleiros é o punto no que converxen catro concellos lucenses A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel, Samos e O Incio. É un lugar idílico con moi boas vistas. Segunda a lenda que percorre estas terras dise que nesta cume reuníanse na época medieval os señores que gobernaban estas catro zonas para debater os asuntos de xurisdición así como calquera outra discrepancia. Arredor desta mesa celebrábase cada ano, unha festa o último sábado do mes de xullo no que se xuntan os catro alcaldes acompañados por catro párrocos e catro gaiteiros, un de cada Concello.