Skip to main content
Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o día 16 unha charla sobre o valor do monte parcela a parcela

Por 12 Decembro, 2021Sin comentarios

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o día 16 de decembro unha charla sobre o valor do monte parcela a parcela.

Os piñeirais do Distrito Forestal Terra de Lemos inventariáronse grazas a un pioneiro proxecto europeo e serán os responsables deste proxecto.os que presenten os detalles e den acceso a ferramenta que abarca tanto a montes comunais como a particulares.
Esta reunión informativa e demostrativa que leva por título “O valor do monte nas túas mans: o que tes parcela a parcela” está organizada por Agresta, a empresa adicada a consultoría forestal responsable do proxecto e por Forest Map, unha plataforma de cálculo de inventarios forestais online.

A xornada informativa dará comezo ás 18.30 horas e despois da presentación levarase a cabo unha demostración con unhas poucas parcelas que o soliciten.

Para dar fin á charla daráselles unha serie de recomendacións aos asistentes para que poidan sacarlle partido ao monte e unha serie de pasos a seguir.

ForestMap
É unha plataforma de inventarios e información forestal baseado en sistemas de teledetección e desenvolvemento de I+D de Agresta S.Coop. A tecnoloxía permite calcular, entre outros calores, a cantidade de madeira dunha parcela determinada e identificar aproveitamentos ou intervencións selvícolas precisas.

Agresta
É unha empresa cooperativa de consultoría e xestión forestal creada no ano 2000 cun área de traballo especializada en teledetección e desenvolvemento tecnolóxico para o sector forestal. Con máis de 60 profesionais, están presentes en varias comunidades autonómicas de España, contan con 9 oficinas territoriais. En Galicia levan a cabo, ademais un labor de planificación e manexo forestal, asesorando e facilitando a xestión técnica de montes veciñais e particulares.