Skip to main content
Ribas de Sil

Case 80.000 euros para a mellora dos accesos e contorna do cámping de San Clodio en Ribas de Sil

Por 9 Decembro, 2021Sin comentarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba licitou por case 80.000 euros as obras para mellorar os accesos e a contorna do novo cámping de San Clodio, en Ribas de Sil, onde se atopa tamén o recentemente creado museo da minaría aurífera romana.

O prazo de presentación de ofertas da actuación, publicada na Plataforma autonómica de contratación, remata o vindeiro 21 de decembro e as obras terán un prazo de execución máximo de 3 meses.

Os traballos consistirán na mellora dos accesos ás actividades didácticas do exterior do museo; a modificación do acceso aos vestiarios, definindo sendas peonís; obras de mellora de vías de acceso; e instalación de mobiliario urbano, como bancos, papeleiras, fontes e sinais verticais.

Tamén se levarán a cabo actuacións de xardinaría e de instalación de rego automático e a canalización de rede de iluminación e alumeado, así como a formación dunha área de servizo para autocaravanas e aparcadoiro interior.