Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao achega a Papá Noel aos nenos do Concello

Por 15 Decembro, 2021Decembro 16th, 2021Sin comentarios

O Concello do Saviñao volverá a levar a Papá Noel polos domicilios dos veciños e veciñas na xornada do 24 de decembro, día de Noiteboa.

“O Concello quere contribuír a que este Nadal tamén sexa máxico e, polo tanto, repetimos a experiencia do ano pasado no que Papá Noel visitou casa por casa aos nosos veciños que así o solicitaron para facerlles entrega dun agasallo na porta dos seus domicilios respectando as medidas sanitarias”, explica o alcalde, Carlos Armesto.

Os interesados en recibir a visita de Papá Noel deberán inscribirse na Casa do Concello ou no teléfono 982 45 20 61 antes do 20 de decembro.

Co obxectivo de garantir a seguridade de todos, o encontro que se desenvolverá na porta de cada domicilio deberá cumprir coas medidas de prevención en materia covid que Papá Noel tamén respectará.

O Nadal no Saviñao
Con esta iniciativa, continúan as actividades de Nadal do Concello do Saviñao que xa deron comezo coa convocatoria do concurso de postais. A postal gañadora é a seleccionada para o calendario de Nadal do Concello.

Suspendidas as actividades en espazos interiores

O goberno local segue de preto a evolución dos casos de covid-19 no municipio. “Por prevención”, explica o alcalde, “o Concello suspendeu as actividades de Nadal previstas para celebrar en espazos interiores e revisará convenientemente o desenvolvemento daquelas previstas en exteriores”.