Skip to main content
Sober

O Concello de Sober pon en marcha a programación para o Nadal

Por 5 Decembro, 2021Decembro 6th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober pon en marcha unha programación para o Nadal que conta con obradoiros, concertos,, espectáculos e moitas actividades máis.

Programación
Os venres 3, 10 e 17 ás 16:30 horas terán lugar diferentes obradoiros de nadal.

Os venres 7 e 14 ás 18:00 horas terá lugar a actividades Tempos de inverno a carga do Eirado das Letras no Nadal.

O sábado 11 ás 19:00 horas as Xuventudes Musicais de Sober ofrecerán un concerto de Frauta e Piano no Centro Sociocultural de Sober.

O sábado 18 ás 18.00 horas a Escola Municipal de Música de Sober e a Banda de Música de Sober organizan un Festival de Nadal no Centro Sociocultural.

O martes 21 os nenos e nenas do Concello poderán desfrutar da visita de Papá Noel no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme PAI de Sober.

O xoves 23 ás 17:30 horas David Cidre profesor da Escola de Hostelería de Rosende levará a cabo un obradoiro de cociña. Ás 19.00 horas dese mesmo día o Centro Sociocultural de Sober acollerá un espectáculo musical familiar POPSIA.

Os días 28 e 29 ás 17:00 horas haberá unha festa infantil de Nadal con inchables para os máis pequenos da zona. A actividade terá lugar no Pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

En xaneiro, o día 4 ás 17:30 farase a entrega de premios dos certames de Nadal e haberá chocolatada para todos os veciños.

Para poñer fin a esta programación o día 5 os Reus Magos de Oriente visitarán o Centro Sociocultural de Sober.