Skip to main content
Sober

Xa se poden entregar os traballos para o Certame de Postais de Nadal de Sober

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober convoca o Certame de Postais “Nadal 2021”.

Neste certame poden participar todas as persoas con postais sobre o tema xenérico “O Nadal”. Establécense catro categorías, a categoría A ata 8 anos, a categoría B de 9 a 11 anos e, a categoría C de 12 a 16 anos. A categoría D a partir de 17 anos.

Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor. O tamaño e os materiais empregados nas postais son de libre elección.

O prazo de presentación remata o día 21 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na BMP de Sober.

Os traballos premiados recibirán diploma e lote de libros. A entrega realizarase na primeira quincena do mes de xaneiro se as condicións sanitarias o permiten no Salón de Actos no Centro Sociocultural de Sober. En caso contrario, entregaranse de forma privada aos gañadores.

Con esta iniciativa o concello está a promover a creatividade dos veciños.