Skip to main content
Taboada

Gran acollida do primeiro mercado de Nadal celebrado en Taboada

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

O primeiro mercado de Nadal da Ribeira Sacra, Petiscos de Nadal, en Taboada tivo unha gran acollida por parte dos veciños da zona.

Os doce postos que vendían artigos artesáns e produtos autóctonos da zona cualificaron esta iniciativa como unha oportunidade de achegarse aos seus e que se coñeza o gran valor desta comarca.

Moitos foron os veciños que se achegaron ata a praza de Riazón co fin de mercar os agasallos de Nadal e darlle unha oportunidade aos negocios de proximidade promovendo así o comercio local e a economía entre os seus.

A xornada deu comezo ás 12.00 horas co acto de inauguración e apertura dos postos. ÁS 12.30 os asistentes puideron desfrutar da monocata con Arantxa Treus e Isabel Lozano. Ás 15.30 houbo unha demostración da olería tradicional de Gundivós que se estendeu por máis de tres horas.

Xa pola tarde, os nenos puideron participar nun obradoiro de repostería e escoitar ao contacontos ás 17:30. Para dar fin á cita, os veciños e veciñas gozaron da actuación de Airiños da Freba que deu un concerto de música tradicional.