Skip to main content
Taboada

Taboada estrea hoxe a súa programación de Nadal

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Taboada organiza unha serie de actividades arredor do Nadal. Ibras de teatro, concertos, maxia e para finalizar, o día 5 a cabalgata de Reis.

A programación dará comezo o domingo 26 de decembro coa representación dunha divertida historia de títeres combinada con xogos e música a cargo de Titiritrote. Os manipuladores non se limitan a estar tralo teatrillos, senón que complementan o espectáculo con actividades cos participantes.

O día 28 de decembro, ás 18.00 horas no salón de actos casa cuartel acollerá Carta de Ajuste un espectáculo que pon en valor as celebracións do Nadal de antano. “O nadal dos teus pais” acolle a ilusión dos máis pequenos e a nostalxia dos pais e avós que rememorarán as galas de fin de ano que se poñían de fondos nas ceas familiares, unido coas panxoliñas. Este espectáculo fará cantar aos nenos e fará rir aos maiores con morriña.

A maxia encherá de novo o salón de actos casa cuartel cun espectáculo familiar e divertido onde o público participa sen parar. Xogos visuais imposibles, mesturados con humor e misterio ofrecerán un gran momento de lecer para os veciños de Taboada. Un viaxe a un mundo onde todo se presenta de maneira susceptible de ser transformado. Dará comezo ás 18.00 horas.

O día 5 de xaneiro os máis pequenos porán fin a estas celebracións coa actividade máis desexada, a cabalgata de Reis que este ano, contará con múltiples sorpresas.