Skip to main content
Láncara

A modalidade relato do certame literario Terras do Chamoso foi dominada por Láncara

Por 24 Decembro, 2021Sin comentarios

Por décimo quinto ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, organizou un concurso literario co fin de premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.

Premiados
A modalidade relato foi dominada por Láncara xa que o primeiro premio foi para Abel Fernández Brea, de Valdriz coa súa obra “A Santa Compaña”. Mentres, que o segundo premio gañouno Noa García Valín da Pobra de San Xiao coa obra “A matanza”.

Cada un dos gañadores recibiu unha figura de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.