Skip to main content
Sarria

Novo servizo para conciliar a vida laboral e familiar durante o Nadal en Sarria

Por 6 Decembro, 2021Sin comentarios

O día 8 de decembro abrirá a inscrición para solicitar un servizo de conciliación laboral e familiar durante as datas nas que se celebra o Nadal. O día máximo para solicitar o servizo será o día 14 de decembro.

A solicitude realizarase a través das Anpas dos centros, na secretaría dos colexios Frei Luís de Granada, Xela Arias e Antonio Fernández. Tamén se poderá facer no rexistro municipal.

O servizo será para os días das vacacións de Nadal. Do 22 ao 24, do 27 ao 31 e durante os días 3, 4, 5, 6 e 7 de xaneiro. As actividades realizaranse no horario de 7.30 a 9.00 horas, de 9.00 a 14.00 horas e de 14.00 a 15.30 horas.

Este tipo de servizos está dirixido a aquelas familias que non son capaces de compatibilizar os horarios laborais co cuidado dos nenos.