Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela comeza unha nova campaña en redes sobre palabras en desuso

Por 2 Decembro, 2021Decembro 3rd, 2021Sin comentarios

Viela, Viadillo, Rilvana, Dovanada… son algunhas das palabras que se utilizaban en Triacastela e que na actualidade están en desuso. Por este motivo, dende as redes sociais do Concello animan aos veciños da zona a participar nunha nova campaña que fomenta o recordo deste tipo de termos co fin de recuperar cultura e tradicións.

Coa etiqueta #PalabrasdeTriacastela os cidadáns poden compartir a palabra e o seu significado para que os demais veciños do concello a recorden ou coñezan.

Esta iniciativa enmárcase nas actividades que realizan a prol da recuperación lingüística.