Skip to main content
A Pobra do BrollónComarca SARRIAXAFolgoso do Courel

A Pena dos Catro Cabaleiros será escenario, hoxe 31 ao mediodía, das 12 badaladas

Por 31 Decembro, 2021Sin comentarios

Un ano máis, a Pena dos Catro Cabaleiros será o escenario dunha actividade que unifica ás veciñanzas do Incio, Samos, Pobra do Brollón e Folgoso do Courel.

En citas anteriores, os rexedores dos catro Concellos formaron parte da festividade co fin de crear unha comunidade e pasar un bo rato cos seus veciños.

A cita terá lugar ás 12:00 horas na Pena dos Catro Cabaleiros, alí tomaranse as uvas de fin de ano. Dende a organización piden prudencia e responsabilidade ante a situación sanitaria por mor da Covid 19.

Ao ser un evento ao aire libre, pódense cumprir as recomendacións e garantir así a seguridade dos veciños que se acheguen ata a zona para formar parte desta celebración que xa é tradición.

O acceso ao lugar pódese facer ben andando, ben nun todo terreo.

A MESA DOS CATRO CABALEIROS
A mesa dos catro cabaleiros é o punto no que converxen catro concellos lucenses A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel, Samos e O Incio. É un lugar idílico con moi boas vistas. Segundo a lenda que percorre estas terras, dise que nesta cume reuníanse na época medieval os señores que gobernaban estas catro zonas para debater os asuntos de xurisdición así como calquera outra discrepancia. Arredor desta mesa celebrábase cada ano, unha festa o último sábado do mes de xullo no que se xuntan os catro alcaldes acompañados por catro párrocos e catro gaiteiros, un de cada Concello.