Skip to main content
O Incio

A aula multiusos do Incio recibe unha axuda para a súa mellora

Por 4 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de O Incio ven de recibir unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a rehabilitación e mellora da aula multiusos.

Esta achega de case 19.500 euros proporcionará equipamento e mellorará a accesibilidade da infraestrutura. O obxectivo é o de acondicionar estas instalacións para que no futuro acolla diferentes programacións culturais.

Esta subvención súmase a xa percibida para o acondicionamento do entorno do centro multiusos, esta actuación tiña como obxectivo eliminar o aspecto duro e gris que proporcionaba o aglomerado asfáltico da praza.