Skip to main content
O Incio

Os escolares do Incio conmemoran o Día da Diversidade Funcional

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

O CEIP Eduardo Gasset do Concello do Incio promoveu unha seria de actividades coincidindo co Día da Diversidade Funcional.
O nenos e nenas de infantil estiveron practicando palabras mediante a linguaxe de signos, mentres que os escolares de Primaria presentaron o alfabeto de signos e realizaron diversos xogos adaptados en Educación Física.

A privatización da visión, da mobilidade, etc. Son algúns dos impedimentos que as persoas con diversidade funcional teñen no seu día a día. Con este tipo de actividades no ámbito escolar estase a concienciar aos máis pequenos, empatizando e poñéndose no lugar dos demais.

Os xogos de Educación Física tamén fomentan a cooperación entre eles e o apoio.

Día da Diversidade Funcional
O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, unha pequena mostra do camiño de loita pola igualdade real sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un/unha de nós ten moito que aportar aos demais.