Skip to main content
O Incio

A artista do Incio, Lucía Pérez, estreou o seu tema ‘Na miña pel’

Por 20 Decembro, 2021Decembro 21st, 2021Sin comentarios

A cantante do Incio, Lucía Pérez estreou no día de onte a súa nova canción e videoclip.

Tras o seu último traballo “Quince Soles” chega “Na miña pel”, o seu novo sinxelo que serve como preludio do próximo disco da artista. Esta canción pretende romper coa imaxe que o público está acostumado a ver da artista para ofrecer algo máis innovador cun propósito de verdade que agocha os seus segredos. Hai moitas Lucías na pel de Lucía Pérez.

Con esta canción a cantante afirma que detrás da súa pel existen diferentes mulleres que foron forzando a súa personalidade, que non é tan só unha soa versión, senón moitas aunadas para formar quen realmente é.

Nesta nova canción colaborou Xabier Vizcaíno e Jairo Moreno Fotografía no videoclip.

Lucía Pérez
Lucía Pérez Vizcaíno é unha cantande do Incio. Representou a España no Festival de Eurovisión no ano 2011 co tema “Que me quiten lo bailao” sendo a primeira galega en facelo.

Entre outras distincións, foi galardoada pola ” Enxebre Orde dá Vieira” coa distinción “Vieira de Honra á Calidade Artística”, galardón que soamente ostentan un reducido grupo de artistas galegos, e co premio “Galicia Sexta Provincia” como artista revelación. Así mesmo, a súa canción Amarás miña terra foi seleccionada en 2007 pola Academia da Música como candidata finalista a “Mellor canción en galego” para os Premios da Música. Na primavera de 2005 gañou o primeiro premio do “Disco-Pop de Solistas Galegos” pola súa traxectoria artística. E, en 2011 foi nomeada personaxe galego do ano polo xornal O Progreso