Skip to main content
O Incio

Os nenos do CEIP Ricardo Gasset do Incio adiantaron as 12 badaladas

Por 22 Decembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

Os nenos do CEIP Ricardo Gasset do Incio celebraron no día de onte unha iniciativa chea de maxia, orixinalidade e tradición.

Desprazáronse ata a casa consistorial para celebrar as badaladas de Fin de Ano no mediodía. A cita organizada cuns pratos de percusión e gusanitos para substituír as uvas foi todo un éxito e, serviu como adestramento para o que acontecerá o derradeiro día do ano.

Este tipo de actividades axudan a facer parroquia e veciñanza, unha iniciativa que permite compartir un dos momentos máis esperados do ano coa xente coa que comparten a meirande parte del.

Esta cita foi aproveitada polo Concello para entregar aos nenos e nenas dun agasallo de Nadal que tamén farán chegar aos veciños do Incio que acoden ao colexio a Oural.

Badaladas

As doce uvas da sorte​ é unha tradición española que consiste en comerse unha uva con cada badalada do reloxo á medianoite do 31 de decembro para dar a benvida ao Aninovo. Segundo a tradición, comer as doce uvas conduce a un ano de boa sorte e prosperidade.