Skip to main content
O Incio

O alumnado do Obradoiro dual de emprego acondicionan o parque biosaudable do Incio

Por 24 Decembro, 2021Sin comentarios

O alumnado do Obradoiro dual de emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ realizou durante estes días traballos de acondicionamento e poda no parque biosaudable e na contorna do Concello do Incio.

Desta forma estase a coidar a contorna do lugar e facer que o espazo sea máis agradable.

Estas actuacións serven para profesionalizar aos estudantes que gañan experiencia realizando traballos de campo e introdúcense no mundo laboral.

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO ‘BÓVEDA, O INCIO E A POBRA DO BROLLÓN’
O Concello promotor deste obradoiro é o de Bóveda, que asinou convenio coa Pobra do Brollón e O Incio, conforme ao previsto na Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que regula os requisitos para a selección do alumnado-traballador dos obradoiros duais de emprego.

Os alumnos e alumnas estanse formando en dúas especialidades formativas: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que se realiza na Pobra do Brollón e, por outro lado, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que se leva a cabo nos Concellos de Bóveda e O Incio.