Skip to main content
Láncara

Os terreos da Antiga Estación do Tren de Pobra de San Xiao xa son patrimonio lancarés

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Láncara recibiu na xornada de onte as chaves dos terreos da Antiga Estación do Tren de Pobra de San Xiao. Estes terreos foron expropiados a Adif por 111.600 euros.

O acto de entrega tivo lugar no vello edificio coa sinatura da acta de ocupación e pago da compra.

Desta maneira, o Concello adquiriu 21.000 metros cadrados, nos que se atopan a antiga estación de ferrocarril, o almacén e os terreos que hai ao redor, que van dende un paso de nivel a outro.

A finalidade da compra deste espazo é reformar as instalacións e facer unha mellora importante nos accesos e conexións co centro urbano da Pobra de San Xiao.

O alcalde, Darío Piñeiro informou con anterioridade de que xa existe un plan especial, onde se contempla un espazo de zonas verdes, así coma unha rotonda que conecte a estrada LU-546 coa rúa Benigno Quiroga e a rehabilitación da estación e do almacén de ferrocarril para empregalo, entre outras cuestións, para actividades de carácter cultural.

Esta operación é fundamental para adecentar uns terreos que se atopan en estado de abandono.