Skip to main content
Paradela

O pleno aprobou o orzamento de Paradela para o 2022 cun valor de 1,75 millóns de euros

Por 6 Decembro, 2021Decembro 7th, 2021Sin comentarios

Os orzamentos aprobados polo Concello de Paradela con votos do PP e abstención do PSOE é de 1.750.000 euros, este recolle unha parte para a creación de empresas motivando así aos pequenos empresarios e emprendedores da zona.

Tamén se contempla o gasto que suporá no 2022 o 200 aniversario da creación do Concello. O bicentenario cumpriuse no ano 2020 pero debido ao covid atrasouse a celebración, nesta instalarase unha escultura e haberá exposicións, homenaxes, etc.

José Manuel Mato explicou diferentes partidas, unha delas destinada as asociacións de Paradela que poderán realizar actividades culturais co obxectivo de facer parroquia e veciñanza. Cerca de 103.900 euros empregaranse para a humanización de espazos públicos, tamén existen contas para a dixitalización do concello, acondicionar zonas naturais e adquirir terreos do polígono. Esta última partida para o crecemento industrial do Concello é unha continuación da construción da nave que ofrecerá cinco espazos como viveiro de empresas.