Skip to main content
Paradela

A Banda de Música de Paradela dará un concerto este domingo

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

Durante a xornada de mañá o Concello de Paradela terá a honra de desfrutar dun día cheo de música e Nadal. O Concello levará a Banda de Música de Paradela á Residencia da Terceira Idade co fin de ofrecer un entretemento diferente, creando un ambiente de festividade e festexo.

Ás 17.00 horas, a Banda de Música tocará panxoliñas para amenizar a tarde dos maiores do Concello a través da música popular nestas datas tan especiais e próximas ao Nadal.

Se o tempo acompaña, a agrupación musical realizará un percorrido polas rúas do pobo enchendo a vila de sons que axudarán a crear parroquia entre os veciños.

Como guinda do pastel e, para poñer fin a esta xornada de lecer, a Banda dará un concerto nas antigas escolas de Paradela.

Tódolos veciños e veciñas que asistan a esta celebración poderán desfrutar dunha chocolatada de balde que axudará a entrar en calor nestes días fríos propios do inverno.

BANDA MÚSICA PARADELA
A Banda de Música de Paradela continúa activa despois de 36 anos e conta cunha escola de música coa que seguen medrando e ofrecendo coñecementos aos máis novos tanto de Paradela coma de outros concellos.