Skip to main content
Samos

O Concello de Samos conta con novas pasarelas no río

Por 4 Decembro, 2021Decembro 6th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos segue a mellorar as infraestruturas para garantir o ben veciñal. Durante estes días tivo lugar a reparacións das pasarelas que cruzan o río.

Esta actuación promove unha mellora na contorna do río un atractivo turístico da zona que acondiciona o lugar.

Estas vias dotan aos veciños e peregrinos de seguridad á hora de realizar un paseo polo río, fomentando o exercicio e a vida saudable.

As obras enmárcanse no programa de melloras do Concello na que tamén se atopan as recentes obras da biblioteca onde se cambiaron portas, ventás e cuberta.