Skip to main content
Sarria

O IES Xograr Afonso Gómez conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Por 5 Decembro, 2021Decembro 6th, 2021Sin comentarios

“Descubrindo capacidades, adestrando habilidades” é o nome da actividade que se desenvolveu no IES Xograr Afonso Gómez co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Un ano mais, como cada 3 de decembro, o Xograr conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Nesta ocasión descubriron as habilidades que as persoas con diversidade funcional deben poñer en práctica no seu día a día, na procura da súa autonomía persoal.

Así, entre outras actividades, xogaron ó xadrez en ausencia de visión, puxeron a proba a orientación, memoria e atención, vestíronse e comeron cunha soa man, pintaron cos pés e desprazáronse con cadeira de rodas e coa axuda de diferentes bastóns. A maiores puideron experimentar distintos deportes adaptados como Boccia, baloncesto en cadeira de rodas, escalada a cegas e Goalball. Unha mañá chea de reflexións sobre o dereito a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e o importante papel que no mesmo desempeñan as adaptacións e a accesibilidade. Unha proposta de diferentes departamentos didácticos, con especial implicación do alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e coa colaboración da ONCE, COGAMI e a Cruz Vermella de Sarria no préstamo de materiais empregados.