Skip to main content
Sarria

Don Pepe leva a máxima puntuación por parte dos clientes no Tapicheo 2021 de Sarria

Por 14 Decembro, 2021Decembro 15th, 2021Sin comentarios

O resultado popular do Tapicheo 2021 de Sarria deixa no número un ao Don Pepe con “Nueva Normalidad”.

O día 8 de decembro era o último para poder depositar as tarxetas de votación popular do Tapicheo 2021, tras a súa recollida e reconto o resultado foi o seguinte. No primeiro lugar queda Don Pepe coa súa tapa “Nueva normalidad”, no segundo posto 8mm con “La croqueta”, terceiro, Cafetería Santiago co seu petisco “Ledicia”, Na cuarta posición quedou Casino coa súa tapa “Brunch”, O quinto posto acadouno o Restaurante Bar Camping co “Arep Burguer” e sexto D’Orixen con “Todos somos Galicia”.

Nos vindeiros días o xurado profesional acudirá a cada un deles para probar cada tapa e facer a valoración final.

Os premios para os establecementos gañadores entregaranse durante a celebración da Cena de Hostalería da Comarca de Sarria, e consistirán nun trofeo acreditativo para cada un dos premiados. Haberá 1º, 2º e 3º premio.