Skip to main content
Sarria

Sarria contará cun desfile de Papá Noel e o Apalpador Solidario o día 23

Por 15 Decembro, 2021Decembro 16th, 2021Sin comentarios

O Club Clásicos de Sarria que se mantivo durante os últimos tempos algo ausente volve cun Desfile de Papá Noel e o Apalpador Solidario.

Esta iniciativa terá lugar o día 23 de decembro e terá como obxectivo a recollida de xoguetes para poder repartilos aos nenos máis necesitados da zona e que todos os nenos e nenas poidan ter un Nadal especial cheo de sorpresas.

Este desfile contará con moitas sorpresas para toda a familia. Os nenos poderán coñecer a Papá Noel e o Apalpador que pasearán polas rúas de Sarria dende ás 18.00 horas saíndo da Estación.

Neste desfile colaboran o Concello De Sarria e os clubes deportivos da vila C.B. Sarria, Os Meigallos Sarria FS, SD Sarriana, Club Xirandela, Amr Tennis Sarrias e a Asociación Deportiva Aixa e Club Anca.

Dende a organización solicitan que se manteñan as medidas de seguridade xa que é responsabilidade de todos loitar contra o Covid’19.

Esta cita súmase ás xa organizadas pola Asociación de Comerciantes de Sarria e o Concello na que os nenos poderán desfrutar dunha pista de patinaxe sobre xeo entre outras.