Skip to main content
Sarria

‘A Tortilla e a Peste’ terá lugar o día 27 na casa da cultura de Sarria

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

O luns 27 de decembro ás 20.00 horas na casa da cultura, o Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra “A Tortilla e a Peste” unha obra dirixida a todos os públicos.

Nesta representación, varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento.

SINOPSE
A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.

Esta representación enmárcase na programación de Nadal do Concello que inclúe maxia, a carreira Milla urbana, contacontos e ata unha pista de xeo na praza da vila.

A entrada é de balde.