Skip to main content
Sarria

A pista de xeo de Sarria promove as compras no negocio local

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

Sarria conta dende o pasado 23 de decembro cunha pista de xeo para que os seus veciños poidan desfrutar de plans diferentes e divertidos no seu Concello. Pode acceder á pista calquera persoa independentemente da súa idade, os menores de oito anos terás que ir acompañados dun adulto.

Para poder acceder a pista tan só haberá que presentar un ticket de compra, de data 23 de decembro ou posterior. Cada un dos tickets proporciona o dereito a 30 minutos na pista.

Para garantir a seguridade é obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia. Ademais, para evitar danos tamén será preciso o uso de luvas. Por outra banda, recoméndase o uso de manga longa e roupa protectora.

Horario
A pista de xeo estará aberta dende as 11.00 horas a 13.45 e de 17.00 a 21.15. Co fin de evitar aglomeracións establécense sesións de media hora cada unha, sendo a primeira de 11:00 a 11:30, a segunda de 11.45 a 12.15 horas, a terceira de 12.30 a 13.00 horas, a cuarta de 13.15 a 13.45 horas. A primeira sesión de pola tarde, quinta do día, dará comezo ás 17.00 horas ata as 17.30 horas. A sexta sesión, comeza ás 17.45 e finaliza ás 18.15 horas, a sétima será de 18.30 a 19.00 horas, a oitava de 19.15 a 19.45 horas, a penúltima de 20.00 a 20.30 horas e a derradeira dará comezo as 20.45 e porá fin ás 21.15 horas.

Aconséllase acudir 10 minutos antes do horario de cada sesión e será posible, cando as circunstancias así o aconsellen, apuntarse para unha sesión determinada, facilitando os datos ao encargado, con perda da quenda se non se fai acto de presenza 15 minutos antes da mesma.

Esta actividade lúdica é perfecta para fomentar as relacións entre a veciñanza, ao mesmo tempo que se encarga de fomentar as compras nos negocios de proximidade. Ademais, para os máis pequenos, é unha maneira de promover a psicomotricidade fina, traballar no equilibrio e realizar deporte.