Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria presentará unha moción para a recuperación da zona do Chanto

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

Os concelleiros do Partido Popular de Sarria presentarán unha moción que ten como protagonista o espazo público do Chanto. Unha zona verde a carón do río onde se sitúan as piscinas municipais, zonas deportivas, merendeiros, restaurantes e un parque infantil, epicentro da vida veraniega de Sarria, cheo de nenos e familias.

Asi pois, dende o PP sinalan o “estado de abandono no seu 60 aniversario. Co edificio público apuntalado dende fai un ano, co río Sarria, na tradicional zona de baño, sucio e descoidado e coa presa que lle daba sustento a esa zona rota e desfeita dende fai tempo, ademais dun entorno descoidado e indigno da importancia que este espazo ten na vida estival Sarriana”.

O grupo Popular cre preciso un Proxecto de Recuperación integral na zona do Chanto que “lle de solución definitiva á reparación da presa do río, para recuperar integramente a zona de baño fluvial histórica de Sarria, e as obras necesarias de rehabilitación do apuntalado edificio público municipal e o seu entorno natural”.