Skip to main content
Sarria

Sarria continúa coa programación de Nadal cunha conferencia de Xaime Félix López Arias

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

Continuando coa programación de Nadal organizada polo Concello de Sarria. Mañá mércores 29 de decembro terá lugar na casa da cultura Rúas de Sarria. Pasado, presente e futuro unha conferencia e posterior faladoiro con Xaime Félix López Arias.

XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
É profesor de Ensinanzas primarias con dedicación á educación de adultos e graduado social, licenciouse en Dereito no ano 1978 e, na actualidade, é profesor no Instituto de Ensinanza Secundaria Gregorio Fernández, onde dirixe un curso de Historia Comarca e exerce a avogacía en Sarria.

Recibiu o premio de relato Meigas e Tragas, a Camelia de Ouro en Vilagarcía e Convivio de Guimaraes.

Foi autor dos seguintes libros: As augas toldas, Cuco Rei, Sarria, Santa María Madalena de Sarria, O Trasno da Cervela e A primeira Deputación de Lugo. Tamén se encargou de promover o Arquivo Comarcal de Sarria e as asociacións culturais Arcas e Irmandade Sarria-Guerledan. Publicou numerosos traballos de investigación histórica no Boletín do Museo Provincial de Lugo, no Boletín do Seminario de Estudos Sarrianos e na revista Seurros, todos eles relacionados coas súas investigacións sobre a comarca de Sarria tanto sobre asuntos históricos como etnográficos.

A súa carreira de investigación e divulgación de Sarria continúa coa súa participación nas publicacións O Tamborileiro, Casa Grande de Sarria e nos libros-programa das Festas de San Xoán con artigos de temática histórica.