Skip to main content
Sarria

Mañá pecharase o ciclo de Xela Arias na casa da cultura de Sarria

Por 29 Decembro, 2021Decembro 30th, 2021Sin comentarios

Dentro da programación de Nadal de Sarria, o día 30 de decembro a biblioteca do IES Gregorio Fernández de Sarria levará a cabo na casa da cultura a actividade “Ven ler con nós un poema de Xela Arias”. Con esta lectura despedirase o ano desta escritora lendo a súa obra.

XELA ARIAS
Xela Arias foi unha escritora, poeta e tradutora en varios idiomas. Ademais, tamén foi editora e profesora de galego. A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas deste ano.

Dende o ano 1980, a escritora comezou a publicar en xornais e revistas tales como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, etc. Tamén colaborou en publicacións como Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza o no Boletín Galego de Literatura. Formou parte do consello de redacción de Viceversa, unha revista galega de tradución.

Introduciuse no mundo literario no ano 1986 con Denundia do equilibrio, un poemario innovador, con temática heteroxénea que prioriza o seu fondo por riba das súas formas e sintaxe arbitraria. Con esta obra se deu a coñecer e logrou ser finalista do Premio Losada Diéguez. Nese mesmo ano ingresou na Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega.

Ademais da súa faceta poética, Xela Arias adicouse amplamente á tradución ao galego de diversos autores.

Participou en mobilizacións cívicas como a que se levou a cabo en Galicia trala catástrofe do Prestige, e sempre reivindicou a lingua galega, dende a literatura e dende a docencia, como filóloga e profesora en moitos institutos.