Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria licita o servizo de atención temperá en 114.500 euros

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

Ata o día 11 de xaneiro poderán presentarse as propostas das empresas para a adxudicación do servizo de atención temperá de Sarria.

O Concello de Sarria licitou un contrato en 114.488 euros sendo 91.590 euros para o custe dos profesionais que levarán a cabo as actividades no centro e, os 22.897 euros restantes serán para sufragar os gastos que este servizo carrexa.

O equipo técnico que debe aportar a empresa ten que estar formado por un logopeda, un psicopedagogo, un psicólogo, e un mestre psicomotricista. Deberán ter especialización no desenvolvemento infantil e a atención temperá ou acreditar experiencia de dous anos como profesional no eido da atención social, educativa, sociosanitaria ou sanitaria en rapaces de 0 a 6 anos.

Os horarios manteranse como na actualidade e os servizos prestaranse nos mesmos, de luns a mércores de 10.30 a 12.30 horas e de 15.30 a 18.30 e os xoves e venres de 8.30 a 12.30 horas.

SERVIZO ATENCIÓN TEMPERÁ SARRIA
Este servizo atende aos nenos dos sete concellos que conforman a comarca, Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio. Está destinado a aqueles menores de 0 a 6 anos que presentan algún tipo trastorno do desenvolvemento ou risco de padecelo, ou ben se dea unha situación de vulnerabilidade.

A empresa adxudicataria rematou o seu contrato a finais do mes de outubro e realizouse un acordo para que siga prestando os servizos mentres non se resolve a devandita licitación.