Skip to main content
Sarria

A subida das taxas da auga truncada na sesión plenaria de Sarria

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

O PP levou ao pleno unha moción para a recuperación da zona do Chanto e outra para evitar a subida das Ordenanzas Fiscais, taxas ou impostos de cara ao 2022 e, ámbalas dúas foron aprobadas.

No pleno, o concelleiro José María Escudero explicou que dende o ano 2007, que se realizou o contrato coa empresa Espina y Delfin, as tarifas non foron actualizadas segundo o IPC e, que foi a mesma empresa a que solicitou un reaxuste. Os tres partidos da oposición, coincidiron en que este non era o mellor momento para unha subida de impostos ou taxas e, que se debería de optar por facer un presuposto novo que non implicara a un ben de primeira necesidade. Esta iniciativa contou con 10 votos en contra e 7 a favor, polo que non se aprobou.

Por outra banda, a moción presentada polo grupo Popular obtivo a aprobación nesta sesión. Esta, tiña como obxectivo principal a recuperación da zona do Chanto onde é necesaria unha reparación na presa, na zona fluvial e no edificio municipal. Nesta moción, mostraron o seu acordo o PSOE e o BNG, mentres que o goberno local mantivo a súa abstención, afirmando que están de acordo coa necesidade de rehabilitar este espazo e por iso, xa hai un plan que o recolle. Son outros organismos os que atrasan a actuación ao non dar os permisos.