Skip to main content
Triacastela

Triacastela organiza un curso de Desfribilación Semiautomática Externa para os veciños

Por 8 Decembro, 2021Decembro 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Triacastela abre o prazo de inscrición para un curso de formación de desfribilación semiautomática externa que terá lugar o día 15 de xaneiro.

Este curso estará impartido pola Cruz Vermella co fin de aportar as nocións básicas de soporte vital para poder actuar ante unha situación de risco.

Ante un paro cardíaco cada minuto conta, por iso, saber utilizar un desfibrilador semiautomático externo automático pode ser a diferencia entre a vida e a morte. Malia que o desfibrilador é moi fácil de manexar, ter unha formación guiada por persoal experto e as conseguintes prácticas con simulacións é a única forma de familiarizarse cos pasos e aprender a controlar a situación e os nervios nunha situación de verdade.

A morte súbita ou parada cardíaca é un problema que ocorre de maneira inesperada e con relativa frecuencia en España. O 80% dos casos suceden en domicilios ou na vía pública e tan só é posible axudar de forma inmediata co uso do DESA por parte dos testemuñas ou primeiros intervenientes. O recoñecemento rápido da situación e o uso precoz deste elemento é esencial para poder reverter a situación. O tempo é vital nunha persoa que sofre unha parada cardíaca, posto que cada minuto que pasa sin que se inicien as manobras de RCP e o uso do desfibrilador reducen as posibilidades de supervivencia nun 10%. Por iso, o Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar e a Sociedade Española de Cardioloxía avogan pola instalación de máis dispositivos deste tipo en lugares públicos.

Cantas máis persoas do concello teñan este tipo de nocións máis seguridade haberá se ocorre unha situación de emerxencia no mesmo.

Inscricións
As prazas deste curso son limitadas e as inscricións faranse chamando ao número do concello 982 548 147.